Friday 03 de May de 2024

O Coliseum recupera as grandes citas históricas co concerto de Van Morrison


Aínda é posible adquirir entradas para a actuación, o xoves, do músico de Belfast

Van Morrison chega ao Coliseum da Coruña este xoves 31 ás 20.30h, para mostrar á cidade o seu último traballo e repasar o seu repertorio. O artista, que visitou a cidade por primeira vez hai 22 anos, é un dos músicos máis recoñecidos da escena internacional, unha figura histórica de primeiro nivel e tamén un dos autores con maior experiencia sobre os escenarios, cunha carreira que comezou nos anos 60. A ampla traxectoria musical do inglés maniféstase a través da súa discografía, presentando nesta xira o seu último álbum “Lastest Record Poject Volume 1”, o 44º da súa carreira, da que forman parte discos míticos como Astral Weeks (1968), Moondance (1970), Saint Dominic’s Preview (1972) ou Veedon Fleece (1974).

A posibilidade de ver ao “León de Belfast”, tal e como é coñecido entre o público, truncouse o pasado mes de decembro por motivos de saúde do artista. Porén, Van Morrison regresa á Coruña con moita forza e con ganas de mostrar a súa música. Será, de feito, a primeira cita desta primaveira no recinto municipal.

Precisamente, Van Morrison forma parte dun gran elenco de artistas internacionais que ao longo deste ano visitaron e visitarán a cidade. O Coliseum da Coruña, xestionado polo IMCE, sumou ao inglés un total de once voces do panorama nacional e internacional, para celebrar a volta á normalidade na música tras os pasados anos marcados pola Covid-19. C.

Tangana foi o encargado de abrir o ciclo o pasado 26 de febreiro, seguido das dúas datas de Fito & Fitipaldis (18 e 19 de marzo) e á que se sumarán outros artistas como Leiva, Alejandro Sanz ou Il Divo.

As entradas poden adquirirse a través da web ataquilla.com e o seu prezo oscila entre os 40 e os 65 euros, segundo o tipo de zona escollida. Ademais, as persoas con mobilidade reducida contan cunha zona especial para poder desfrutar o concerto coa máxima visibilidade. O prezo de este tipo de entradas é de 40 euros.

Próximos concertos programados no Coliseum da Coruña
Nos próximos meses, o Coliseum da Coruña continuará abrindo as súas portas a outros grandes artistas do panorama nacional e internacional, sumando citas ao ciclo de concertos de este ano 2022. A programación actual é a seguinte:
● 30/04/22. Leiva.
● 14/05/22. Izal.
● 23/06/22. Alejandro Sanz.
● 11/06/22. Raphael.
● 08/07/22. Joan Manuel Serrat.
● 15/07/22. Il Divo.
● 17/07/22. Alejandro Fernández.
● 17/09/22. Malú.
● 08/10/22. Resurrection day.
● 22/10/22. Melendi.
As entradas poden adquirirse xa en liña a través das webs ataquilla.com ou ticketmaster.com, segundo a organización do evento